Professional and reliable web hosting reviews and hosting guide. InMotion Reviews and testimonials customer ratings.

VOLUNTARIOS E PERSOAL DA SOCIEDADE PROTECTORA DE ANIMAIS E PLANTAS DE LUGO FORMARANSE NA RECICLAXE COA AXUDA DA CAMPAÑA “OPORTUNIDADES GALICIA”

Publicado el 27 Septiembre 2017 Visto: 147
·       Educadores ao servizo desta iniciativa desprazaranse o sábado 30 de setembro ás 12:00 horas, á sede da organización para impartir charlas sobre a xestión sostible dos residuos urbanos e obsequiar a voluntarios e traballadores da Protectora con material didáctico e lúdico a fin de potenciar a súa activa colaboración no sistema.

·       A campaña está promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e conta coa colaboración de Ecoembes e Sogama.

·       Cun marcado carácter itinerante, xa percorreu desde agosto de 2016 un bo número de localidades galegas para instruír á poboación nas vantaxes da reciclaxe e potenciar a súa activa participación na aplicación práctica do principio dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).

Educadores ao servizo da campaña autonómica “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor”, que promove a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación ecoembesdo Territorio, e na que participa Ecoembes e Sogama, desprazaranse este sábado 30 de setembro ás 12:00 ata a sede da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo para fomentar entre os seus membros as boas prácticas vinculadas á reciclaxe.

A partir das 12:00 horas, impartirase unha charla interactiva tanto ao persoal da Protectora como ao seu equipo de voluntarios que colaboran desinteresadamente coa mesma. Tras poñer a proba  os coñecementos que o colectivo ten na materia, os monitores ambientais articularán un plan de acción para que estes adquiran as nocións básicas relativas á xestión sostible dos residuos urbanos e aprendan, no seu día a día, a reducir a produción en orixe, consumindo de forma responsable; a reutilizar os produtos o maior número de veces antes de convertelos en refugallos; e a separalos por tipoloxías, depositando cada fracción no contedor correspondente: amarelo, para latas, briks e envases de plástico (nunca plásticos que non sexan envases nin envoltorios); azul, para envases de cartón e papel (nunca cartóns e papeis sucios, con restos de graxa, plastificados ou con elementos accesorios tales como grampas, arames, espirais e argolas); iglú verde, para botellas, frascos e tarros de vidro (sen tapas, tapóns e cortizas, debendo evitar os vidros especiais tales como espellos, restos de cristalerías, cristais de fiestras e parabrisas de coches); recipiente específico para pilas; e contedor verde xenérico, para a fracción resto.

As actividades instrutivas e lúdicas a desenvolver na Protectora de Lugo constituirán unha magnífica ocasión para que usuarios e voluntarios poidan percibir con máis nitidez o problema que representan os residuos, pero que tamén os visualicen como unha oportunidade para transformarse en recursos de utilidade se se fai un bo uso dos mesmos. Neste senso, desde a Protectora anímamos a todos participar nesta interesante actividade.

Cunha dimensión claramente itinerante, Oportunidades Galicia atópase percorrendo a comunidade galega desde agosto do pasado ano, estando presente, a través de distintos dispositivos divulgativos (carpas, aulas e tráileres, entre outros) nas rúas de numerosos concellos, tendo igualmente visibilidade en centros educativos, centros comerciais, mercados, feiras, festas, asociacións e eventos deportivos.

Calquera contorna é válida para dar a coñecer e difundir a súa mensaxe en favor da reciclaxe e a oportunidade que esta representa para a protección do medio ambiente, o crecemento económico, a creación de emprego e a cohesión social.

Toda a información sobre esta iniciativa en www.oportunidadesparareciclar.gal http://www.oportunidadesparareciclar.gal e redes sociais.

DONACIÓN DE MICOS SOLIDARIOS AYUDAS

Publicado el 27 Septiembre 2017 Visto: 149
Esta semana también hemos recibido una donación de la asociación Micos Solidarios Ayudas. Vanesa Gomez y Maria Calles han venido cargaditas de comida y productos de higiene micos solidarospara perros y gatos. Muchísimas gracias por echarnos una patita!


DONACIÓN DE KIWOKO

Publicado el 27 Septiembre 2017 Visto: 128
Una vez más, Kiwoko colabora con la protectora donando más de 200Kg de pienso para perros y gatos, empapadores, productos de limpieza bucal y, por supuesto, latitas y chuches de las que los vuelven loscos.
Muchas gracias a Kiwoko, que nos ayuda a que las pancitas de nuestros peludos estén siempre llenas.

kiwoko sep 2
kiwoko sep  3

AGRADECEMENTO Á VOLTA DO AGRO

Publicado el 26 Septiembre 2017 Visto: 139
Queremos agradecer a A Volta do Agro a gran noite que pasamos o a volta do agro 2017pasado venres 15 na sala Clavicémbalo e que se acordaran da protectora para doar o recadado. Foi unha noite de festa, música e baile na que non olvidaron facer mención á problemática de abandono de animáis que hai na nosa sociedade e coa sua doación puxeron un grao de area máis na loita por cambialo

Se alguén se anima a aprender a bailar, tocar ou cantar a nosa música tradicional con eles tedes toda a información na súa páxina de facebook pinchando aquí ou ben podedes solicitar información por correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.


CONCERTO DE A VOLTA DO AGRO VENRES 15 DE SETEMBRO

Publicado el 11 Septiembre 2017 Visto: 206
O vindeiro venres día 15 de setembro ás 23:30, os integrantes de A Volta do Agro convídannos a participar no concerto que celebrarán na sala Clavicémbalo de Lugo. Recolleita 2017Prometen música, baile e diversión ata que o corpo aguante e recadarán un donativo de entrada de 3€ que doarán á Sociedade Protectora de Animais.
Moitas grazas aos integrantes de A Volta do Agro polo seu ofrecemento. Esperamos vervos a todos o venres!

LA NUEVA LEY DE PROTECCIÓN ANIMAL DE GALICIA

Publicado el 29 Agosto 2017 Visto: 229
La asesora jurídica de la Sociedad Protectora de Animales y Plantas de Lugo, Irene Torres Márquez, ha participado activamente en la propuesta de enmiendas a la futura Ley de Protección Animal de Galicia, representando nuestros intereses generales.

Por ello, y teniendo en cuenta que cada vez está más próxima la aprobación definitiva de esta nueva ley, publicamos el enlace a dicho artículo de eldiario.es (El caballo de Nietzsche), cuya lectura nos parece muy recomendable.

Además de ello, la Sociedad Protectora está preparando una jornada en la que se abordará (entre otras cuestiones) la explicación  con detenimiento el contenido  de la ley, una vez conocido su texto final, y los cambios prácticos que supondrá al ser aprobada. A este evento, cuya celebración está prevista para finales de Septiembre, se le dará la mayor publicidad posible para que todos/as aquellos/as que lo deseen puedan acudir, sean o no socios/as  y/o voluntarios/as de la Protectora.

Utilizamos cookies para mejorar nuestro sitio web y su experiencia al usarlo. Las cookies utilizadas para el funcionamiento esencial de este sitio ya se han establecido. Para saber más sobre las cookies que utilizamos y cómo eliminarlas, consulte nuestra página sobre el uso de cookies.

Acepto las cookies de este sitio.

Información sobre las Cookies
Directiva de la UE sobre el uso de Cookies