Professional and reliable web hosting reviews and hosting guide. InMotion Reviews and testimonials customer ratings.

VOLUNTARIOS E PERSOAL DA SOCIEDADE PROTECTORA DE ANIMAIS E PLANTAS DE LUGO FORMARANSE NA RECICLAXE COA AXUDA DA CAMPAÑA “OPORTUNIDADES GALICIA”

Imprimir
Publicado el 27 Septiembre 2017 Visto: 63
·       Educadores ao servizo desta iniciativa desprazaranse o sábado 30 de setembro ás 12:00 horas, á sede da organización para impartir charlas sobre a xestión sostible dos residuos urbanos e obsequiar a voluntarios e traballadores da Protectora con material didáctico e lúdico a fin de potenciar a súa activa colaboración no sistema.

·       A campaña está promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e conta coa colaboración de Ecoembes e Sogama.

·       Cun marcado carácter itinerante, xa percorreu desde agosto de 2016 un bo número de localidades galegas para instruír á poboación nas vantaxes da reciclaxe e potenciar a súa activa participación na aplicación práctica do principio dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).

Educadores ao servizo da campaña autonómica “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor”, que promove a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación ecoembesdo Territorio, e na que participa Ecoembes e Sogama, desprazaranse este sábado 30 de setembro ás 12:00 ata a sede da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo para fomentar entre os seus membros as boas prácticas vinculadas á reciclaxe.

A partir das 12:00 horas, impartirase unha charla interactiva tanto ao persoal da Protectora como ao seu equipo de voluntarios que colaboran desinteresadamente coa mesma. Tras poñer a proba  os coñecementos que o colectivo ten na materia, os monitores ambientais articularán un plan de acción para que estes adquiran as nocións básicas relativas á xestión sostible dos residuos urbanos e aprendan, no seu día a día, a reducir a produción en orixe, consumindo de forma responsable; a reutilizar os produtos o maior número de veces antes de convertelos en refugallos; e a separalos por tipoloxías, depositando cada fracción no contedor correspondente: amarelo, para latas, briks e envases de plástico (nunca plásticos que non sexan envases nin envoltorios); azul, para envases de cartón e papel (nunca cartóns e papeis sucios, con restos de graxa, plastificados ou con elementos accesorios tales como grampas, arames, espirais e argolas); iglú verde, para botellas, frascos e tarros de vidro (sen tapas, tapóns e cortizas, debendo evitar os vidros especiais tales como espellos, restos de cristalerías, cristais de fiestras e parabrisas de coches); recipiente específico para pilas; e contedor verde xenérico, para a fracción resto.

As actividades instrutivas e lúdicas a desenvolver na Protectora de Lugo constituirán unha magnífica ocasión para que usuarios e voluntarios poidan percibir con máis nitidez o problema que representan os residuos, pero que tamén os visualicen como unha oportunidade para transformarse en recursos de utilidade se se fai un bo uso dos mesmos. Neste senso, desde a Protectora anímamos a todos participar nesta interesante actividade.

Cunha dimensión claramente itinerante, Oportunidades Galicia atópase percorrendo a comunidade galega desde agosto do pasado ano, estando presente, a través de distintos dispositivos divulgativos (carpas, aulas e tráileres, entre outros) nas rúas de numerosos concellos, tendo igualmente visibilidade en centros educativos, centros comerciais, mercados, feiras, festas, asociacións e eventos deportivos.

Calquera contorna é válida para dar a coñecer e difundir a súa mensaxe en favor da reciclaxe e a oportunidade que esta representa para a protección do medio ambiente, o crecemento económico, a creación de emprego e a cohesión social.

Toda a información sobre esta iniciativa en www.oportunidadesparareciclar.gal http://www.oportunidadesparareciclar.gal e redes sociais.

Utilizamos cookies para mejorar nuestro sitio web y su experiencia al usarlo. Las cookies utilizadas para el funcionamiento esencial de este sitio ya se han establecido. Para saber más sobre las cookies que utilizamos y cómo eliminarlas, consulte nuestra página sobre el uso de cookies.

Acepto las cookies de este sitio.

Información sobre las Cookies
Directiva de la UE sobre el uso de Cookies