Professional and reliable web hosting reviews and hosting guide. InMotion Reviews and testimonials customer ratings.

EL "ABRAZO" DE MESI ...

Imprimir
Publicado el 03 Abril 2012 Visto: 6349

 Este que vedes nas fotos é Mesi (Moss cando vivía na Protectora).

 O noso foi case un amor a primeira vista. Cómo resistirme a aquel can tan cariñoso que me saudou cun "abrazo" nada máis verme, sen coñecerme de nada? Tras un pequeno paseo polos arredores da protectora Mesi acabou de conquistarme co seu espíritu vivo e alegre e o seu carácter cariñoso que consegue derreter ata o corazón máis duro!

  Gracias a el estou máis en forma que nunca, cando paseamos non quere outra cousa máis que correr e perseguir paxaros, que son a súa pasión.

web mesi 02-04-2012Pero tamén gracias a Mesi nunca me falta un mimo, xa que cando estamos na casa é o primeiro en apuntarse a unha siesta no sofá, o que máis lle gusta é estar deitado xunto de min (e se cae algún mimo... mellor ) e xogar a tirar dalgún trapo, a destrozar cartóns ou a roer peluches.

 

  Neste medio ano que leva con nós Mesi fíxose un membro máis da familia, ata ten o seu propio perfil de Facebook! Se queredes ver máis fotos súas podedes buscalo por "Mesi Canciño Guapo".

  E xa para rematar, direivos que cando me din iso de "Qué sorte tivo Mesi de atoparte"... eu sempre contesto que a sorte tívena eu de atopalo a el! Por iso creo que máis que un final feliz podería dicirse que foi un "principio feliz".

web mes 2 02-04-2012 Un saúdo a todos e non vos esquezades de todos os amigos canciños que quedan na protectora agardando por unha familia á que seguro que poderían facer moi feliz...

 

Zita. Lugo, 02 de Abril de 2012.

Utilizamos cookies para mejorar nuestro sitio web y su experiencia al usarlo. Las cookies utilizadas para el funcionamiento esencial de este sitio ya se han establecido. Para saber más sobre las cookies que utilizamos y cómo eliminarlas, consulte nuestra página sobre el uso de cookies.

Acepto las cookies de este sitio.

Información sobre las Cookies
Directiva de la UE sobre el uso de Cookies